miércoles, 11 de mayo de 2016

Diario de sesións 1(prox. xogo)

Hoxe tivemos que decidir un xogo para presentarlle a nosa clase, nós escollimos o famoso xogo do monopoly pero con diferentes características como por exemplo en vez de mercar hoteis casas... podes mercar caractterísticas dos países.
Todos temos os mesmos cargos e obligacións

miércoles, 27 de enero de 2016

Exposición proxecto vigo sustentable

Nós traballamos a empresa ingebaires S.L (inxeniería civil). Entre as tarefas que realicei durante o proxecto están axudar a contactar coa empresa, unha vez feito isto gravar a preguntas e as respostas mentres lle facíamos a entrevista,axudar a redactar a reportaxe , facer o video e por suposto facer o meu blog. Respeto a visita a empresa,non puidemos entrar nela porque estaban en obras pero o dono atendeunos nunha cafetería contestando todo o que lle preguntábamos amablemente.Cando fixeron os grupos non estaba moi segura do que podía sair de alí pero leveime unha agradable sorpresa cos meus compañeiros , creo que nos compenetrábamos bastante ben aínda que as veces distraíamosnos ou non estábamos deacordo con algunhas cousas pero iso é normal. Aprendín a profundizar o proxecto O máis difícil para min foi o principio porque non me daba conta do traballo que había detrás de cada clase e que con que perdeses unha xa ibas moi atrasada. O máis fácil foi facerlle a entrevista a Sergio xa que non se cortou en ningunha pregunta e fixo que fose máis doado para todos. Se tivese que repetir cambiaría a miña organización, ao principio tomábame as clases menos en serio e iso fixo que en casa tivese que facer moito traballo e perder o tempo da tarde que podía aproveitar noutra cousa.